Diasistema

En lingüística, no eido da dialectoloxía estrutural, un diasistema é un conxunto de variedades lingüísticas moi próximas que comparten un gran número de estruturas comúns agrupadas dentro dun gran sistema lingüístico unitario. Dito doutro xeito, un diasistema componse de dialectos que polas súas características estruturais compartidas e a súa intercomprensibilidade tenden a formar unha soa lingua común, diferente das linguas veciñas: o diasistema é entón unha noción equivalente á de lingua por distancia (ou lingua Abstand).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search